Punto Limpo
O punto limpo de Ponteareas, ademáis de ser un centro de atención ao cidadán, é o centro para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario e que necesitan una xestión específica: polo seu tamaño, como poden ser os residuos voluminosos; ou pola súa composición tales como pilas, disolventes e outros residuos especiais do fogar.
Horario do punto limpo
Luns - Venres
08:30 - 13:45
16:00 - 18:00
Sábados
10:00 -13:00
(festivos pechado)
Onde se atopa?
Está situado na carretera de Guláns, a altura do km 1,5. No barrio da Cruz en Areas
Operativa
Teña en conta que o punto limpio recollerá exclusivamente residuos de orixe doméstica. Os procedentes da actividade industrial o comercial débenllos entregar os produtores ás empresas xestoras autorizadas.
Unha vez no centro cada usuario deberá identificarse mediante o D.N.I e antes de depositar o residuo ou residuos deberá declarar no posto de control o contido do que quere entregar, con fin de realizar así un control de orientación de verquido. Segundo a carga declarada, será o operario do punto limpo quen decidirá aceptar ou rexeitar a entrega, seguindo os criterios recollidos no regulamento. En todo momento os /as usuarios/as deberán seguir as indicacións do operario do centro
NON pode depositar
- Residuos sen clasificar.
- Materia orgánica.
- Residuos agrícolas ou ganadeiros.
- Residuos producidos por actividade industriales ou comercial.
- Residuos producidos por actividades mineiras ou extractivas.
- Planchas de fibrocemento (tipo "uralita")
- Animais mortos.
- Residuos sanitarios (medicamentos, infecciosos, clínicos...).
- Residuos de amianto.
- Residuos radioactivos (pararraios...).
- Produtos que proceden decomisados.
- Calquera outro residuo que no se poida identificar e/ou clasificar previamente na categoría dos que se admiten.
En ningún caso se trata dun vertedoiro, senón dun lugar para almacenar temporalmente os resíduos ata entregalos a xestores autorizados.