CARGA LATERAL:

Mediante este sistema, conseguiuse optimizar gran parte do servizo de recollida do lixo, e con parte do persoal que antes tiña que baleirar os antigos colectores, adicar máis medios a limpeza viaria.

       

Ubicáronse novos colectores de maior capacidade, con pedal de levantamento da tapa, e incluso nalgúns casos, accesibles para persoas con algunha discapacidade.

 Este servizo prestase a diario no casco urbano.

 

CARGA TRASEIRA:

 Este sistema de recollida estase a prestar nas zonas máis alonxados do centro.

Os vehículos empregados neste servizo contan coa tecnoloxía axeitada para preservar a seguridade dos operarios e do medioambiente.

A frecuencia de recollida no rural, ten uns determinados días á semana, dependendo das parroquias.

 

 

A túa colaboración é indispensable; non deixes o lixo no chan, deposita os residuos orgánicos en bolsas e utiliza as illas de reciclaxe.