Con este servizo especial de recollida do cartón ós grandes produtores (comerciantes do casco urbano), preténdese evitar que este tipo de resíduo acabe nos colectores convencionais do lixo ou ben masificando os colectores específicos de selectiva. Ademais, con este servizo facilítaselles o traballo os comerciantes para desbotarse do cartón xerado nos seus negocios, dado que simplemente teñen que depositalo directamente na rúa, nos puntos e horarios sinalados.

Recorda, que facendo uso deste servizo e respetando os seus horarios, facemos que o noso Concello estea mais limpo e sostible co medio.

  

Para a realización deste servizo cóntase cun vehículo compactador de reducidas dimensións, evitando así interrumpir o mínimo posible o tráfico.


Carta explicativa e mapa dos puntos de recollida