O punto limpo de Ponteareas, situado na carretera de Guláns, no barrio da Cruz en Areas (ver plano), é un centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario e que necesitan una xestión específica: polo seu tamaño, como poden ser os residuos voluminosos; ou pola súa composición tales como pilas, disolventes e outros residuos especiais do fogar.


Calquera veciño do concello de Ponteareas pode facer uso deste servizo, presentando o DNI á entrada do recinto. Os operarios deste servizo encargaranse de orientar ó usuario en todo o proceso de aceptación e almacenaxe dos residuos.


Residuos que se poden achegar ao punto limpo: Papel, cartón, vidro, envases, plásticos de diferentes tipos, metáis, electrodomésticos, textiles, residuos de gran tamaño como sofás ou colchóns, aceites domésticos e restos de podas.


Ademáis, no punto limpo hai habilitada unha zona pechada como almacen de residuos especiais do fogar: aceite usado, baterías, pilas, aerosois, radiografías, tubos fluorescentes, restos de pinturas e vernices, envases metálicos e plásticos contaminados, disolventes e filtros de aceites.



Os residuos están suxeitos a unhas cantidades máximas por veciño.




Principais resíduos que NON se poden deixar no punto limpo: resíduos industriais, radioactivos, hospitalarios, plancha de fibrocemento (tipo "uralita").