* Limpeza de parques e zonas axardinadas:

Consiste na limpeza dos viais existentes nos recintos dos parques, zonas axardinadas ou de recreo, así como a limpeza dos residuos depositados nos areeios de xogo infantil e zonas verdes. 

 

* Retirada de carteis, limpeza de pintadas e mobiliario urbano:


O obxecto deste servizo é o borrado de pintadas e graffitis, a retirada de pasquíns e carteis, a limpeza de manchas na vía pública, en edificios públicos ou monumentos. Contase cun vehículo dotado cun equipo con auga a presión, de ata 200 bar, totalmente insonorizado e con posibilidade de aplicar auga quente, naqueles casos que a dificultade da mancha ou pintada a tratar o requira.

 

 

* Plans de actuación en situacións de emerxencia

 O obxecto deste servizo é a colaboración co Concello en casos de forza maior, coa finalidade de restituir as condicións orixinais das rúas, para o tránsito de persoas e vehículos, cando estas foran alteradas por condicións metereolóxicas adversas.