* Servizo de varrido mixto

Cóntase para a prestación deste servizo con unha máquina varredora que dispón de diferentes cepillos e dispositivos para realizar a tarefa de varrido de beirarrúas, zonas peonís, prazas e espacios públicos pavimentados. Os residuos son conducidos ó interior do depósito da máquina, mediante un sistema de aspiración. Vai acompañada dun operario que utiliza unha sopladora para dirixir hacia a varredora mecánica aqueles resíduos que están fora do seu alcance.

Este servizo é empregado principalmente en épocas de caida de follas para proceder a súa retirada de forma mecánica e reforzar así o servizo de varrido manual.

 

 

 

* Servizo de baldeo mixto

Con este servizo, preténdese mellorar a limpeza das nosas beirarrúas, xa que se consegue eliminar dun xeito moi efectivo os pequenos residuos, areas ou manchas que co varrido manual convencional non é posible.

A función desta máquina é suministrar, mediante a cisterna dotada de dispositivos adecuados, auga para realizar un baldeo manual de beirarrúas, paseos e calzadas, así como debaixo dos vehículos.