* Servizo de varrido mecánico

O varrido mecánico préstase con maquinas varredoras con sistemas de aspiración, en beirarrúas sen elevada densidade de mobiliario urbano. Estas máquinas por medio de dous cepillos laterais desprazan o lixo hacia o centro, onde son aspirados. Para evitar o erguemento de pó, a varredora dispón duns mecanismos pulverizadores de auga que humedecen a zona anterior ó varrido, de modo que cando o cepillo actúa, non se provoca poeira.

    

 

 

* Servizo de baldeo mecánico

O baldeo mecánico consiste no lanzamento de auga a presión sobre as calzadas, beirarrúas, e superficies amplas pavimentadas, especialmente nas proximidades dos bordos, mediante un camión cisterna ou mediante unha autobaldeadora de alta presión.